Amosando publicacións coa etiqueta alumnado 2017-18. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta alumnado 2017-18. Amosar todas as publicacións

xoves

ARTE NA PRAIA 2018

    Retiramos os debuxos en cartolina e desfixemos a instalación de lixo industrial para tiralo ao contenedor.


ARTE NA PRAIA 2018

    A nosa experiencia de Land Art consistíu na creación de dúas instalacións na praia de Vilariño.
    Unha das instalacións fíxose acumulando lixo industrial e a outra con elementos naturais da praia; nelas crearon as formas que quixeron.  
    Para rematar colocaron debuxos feitos en cartolinas de cores creados no centro nas semanas anteriores: uns referentes á contaminación, e outros sobre a natureza.
    Situamos a instalación de lixo preto do río contaminado da lagoa de Vilariño, e a outra próxima ao mar, para que a marea arrastrara os elementos naturais.

 

 

 

 

 

 



 

 

mércores

INSTALACIÓN DE XACIAS

    Con todos os murais elaborados mediante estarcido e as figuras de arxila 
de criaturas relacionadas cos ríos e o mar creamos unha instalación artística xigante. 
    Nela aparecen os seres mitolóxicos galegos chamados xacias e xacios 
dos que nos falara nunha visita o narrador  Anxo Moure.



  

LIBROS XIGANTES

    Cos traballos elaborados por todos os cursos de Primaria e máis Infantil, creamos tres libros xigantes de 100x70 cm. Neles aparecen os debuxos feitos nas seis primeiras sesións: debuxos individuais e colectivos de xeito libre e siluetas de animais 
en cartolinas de cores. 





XACIAS EN INFANTIL SESIÓN 9

    Creamos murais en equipos de catro, coas figuras recortadas na sesión anterior e aplicadas con rolos e témperas.



XACIAS EN PRIMARIA SESIÓN 8

    Na segunda sesión da terceira volta de NaturalMENTE Arte continuamos 
co modelado en arxila, empregando como tema seres relacionados cos ríos 
e os mares, especialmente a figura mitolóxica galega das xacias.
 

 

 

 

 

 

 

 

martes

XACIAS EN INFANTIL SESIÓN 7

    O alumnado de Educación Infantil estivo creando figuras relacionadas coa auga como o alumnado de Primaria. O tema foi as xacias, seres mitolóxicos galegos que habitan nos ríos galegos, metade peixe e metada humano.



XACIAS EN PRIMARIA SESIÓN 7

    Na terceira e derradeira volta de NaturalMENTE Arte deste curso traballamos o volume en arxila. O tema a tratar foi as xacias e xacios dos ríos galegos, aínda que finalmente se fixeron todo tipo de figuras de animais relacionadas coa auga.