Amosando publicacións coa etiqueta 1º INFANTIL 2012-13. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta 1º INFANTIL 2012-13. Amosar todas as publicacións

martes

ENSAIO INSTRUMENTAL

    Empezamos os primeiros ensaios dos instrumentos creados para a nosa gran de instalación artística de arte sonora. Fumos probando e "afinandoos" e non sonaba nada mal.






INSTALACIÓN SONORA

    Velaí novas imaxes sobre a instalación artística sonora creada polo alumnado de Educación Infantil do colexio de Hío nos obradoiros de NaturalMENTE Arte 2012-2013.





luns

INSTALACIÓN SONORA

    Por fin xa se poideron xuntar os tres paneis de arte sonora de cada curso de Educación Infantil: percusión pola parte de 3 anos, corda por catro anos e vento polos de cinco anos.
    A instalación é unha estrutura con forma de triángulo equilátero que poden percorrer os alumnos/as para ir probando os instrumentos e crear concertos improvisados, dando deste xeito vida á nosa instalación artística sonora.




VISITA DE XABIER BLANCO

    Para concluir o obradoiro de arte sonora tivemos o día da derradeira sesión o luxo da actuación do músico de Moaña Xabier Blanco e os seus instrumentos enxebres feitos con obxectos da labranza onde interpretou moi boas cancións da cultura popular galega.



domingo

FABRICANDO MARACAS

    A partir do que aprendimos respecto dos fundamentos da percusión, decidimos inventar maracas con tubos de cartón, globos de cores e legumes. Unha vez feitos, colocámolos no noso panel con cordas de bramante.




OBXECTOS DE PERCUSIÓN

    Despois de desfrutar da sesión inagural do obradoiro de arte sonora que nos toca facer aos alumnos/as de Educación Infantil formado por unha presentación en Power Point e máis visitas en Internet, descubrimos o noso papel: elaborar instrumentos musicais de percusión para a instalación sonora que temos que crear.
    Primeiro aprendimos os fundamentos da percusión: obxectos a golpear, caixas de percusión, etc.