Amosando publicacións coa etiqueta 6º E.P 2013-14. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta 6º E.P 2013-14. Amosar todas as publicacións

domingo

MONTAXE FINAL

    Chegou o día da montaxe e, despois de recoller as cabazas que axudaron á decoración do Samaín deste ano, traballamos para que o conxunto quedara xeitoso. Parabéns para todos/as.





SESION 6

  Rematamos o obradoiro barnizando os froitos de arxila pintados e debuxando follas en cartolinas para despois recortalas e pintalas con témpera, como engadido á exposición.


SESION 5

  Recortamos do mesmo xeito letras destinadas á exposición do obradoiro.


SESION 4

  Continuamos a labor de recortado de figuras, iniciando o pintado, con témperas dalgunhas pezas. Recortamos do mesmo xeito letras destinadas á exposición do obradoiro.

 

 




SESION 3

  Nesta sesión procedimental, fixemos debuxos relacionados co Samaín en pranchas de porexpán de 3 cm. de grosor. A maioría dos escollidos foron de cabazas, evitando deste xeito outros propostos de maior dificultade.
  Posteriormente, foron recortados con serras de fío quente.




SESION 2

  Na primeira sesión de aplicación dos contidos aprendidos, modelamos en arxila froitas a partires de pezas de pórex que nos sirviron de exemplo.

 

 

 





SESION 1

  Iniciamos este obradoiro adicado ao volume en modelado e talla. A primeira sesión foi de iniciación á escultura, facendo un percorrido ata a actualidade.
  Como o tema vinculado ao taller foi o bodegón, visionamos ao final unha presentación en Powerpoint sobre obras de artistas relacionadas co tema.