Amosando publicacións coa etiqueta 3º E.P 2010-11. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta 3º E.P 2010-11. Amosar todas as publicacións

domingo

FOTOGRAFIA

   Todo o traballo dos rapaces de 3º de Primaria quedou recollido nunha exposición xunto a aula. Nos esquezades de visitala xa que resulta interesante dabondo.

FOTOGRAFÍA

    A derradeira actividade consistíu en colocar obxectos sobre as cartolinas emulsionadas e deixalas ao sol para que este fixera o seu traballo de debuxo.



CIANOTIPOS





FOTOGRAFÍA

    Na segunda fase traballamos o segundo concepto importante da fotografía analóxica: a fotosensibilidade.
Eliximos unha técnica do século XIX chamada cianotipia, composta de sales de ferro. Aplicamos o líquido fotosensible sobre cartolinas e, colocando sobre elas negativos feitos con papel vexetal de fotos do entroido, conseguimos imaxes en positivo expoñendo o conxunto durante varios minutos ao sol.
    As imaxes saen con cores azuis pola mistura dos compoñentes químicos.




    

FOTOGRAFÍA

    Velaí algunhas mostras de negativos e posteriores positivos (obtidos por contacto) feitos coas cámaras escuras e revelados no laboratorio fotográfico do cole.




FOTOGRAFÍA

    Dentro da primeira fase, estivemos fabricando cámaras de fotos a partires de caixas metálicas. Tales caixas eran estancas á luz excepto por un pequeno burato (estenopo). Introducindo dentro delas papel fotosensible, conseguimos os primeiros negativos.

FOTOGRAFÍA

    O taller de fotografía realizado co curso 3º de Primaria desenvolvéuse cubrindo dous ámbitos:
un: a fotografía estenopeica; outro: a fotografía de contacto e, concretamente, a cianotipia.