xoves

ARTE NA PRAIA 2018

    A nosa experiencia de Land Art consistíu na creación de dúas instalacións na praia de Vilariño.
    Unha das instalacións fíxose acumulando lixo industrial e a outra con elementos naturais da praia; nelas crearon as formas que quixeron.  
    Para rematar colocaron debuxos feitos en cartolinas de cores creados no centro nas semanas anteriores: uns referentes á contaminación, e outros sobre a natureza.
    Situamos a instalación de lixo preto do río contaminado da lagoa de Vilariño, e a outra próxima ao mar, para que a marea arrastrara os elementos naturais.