Empezamos os primeiros ensaios dos instrumentos creados para a nosa gran de instalación artística de arte sonora. Fumos probando e "afinandoos" e non sonaba nada mal.
Proxecto continuado dende 2010 de desenvolvemento de educación artística no colexio do Hío (Pontevedra). Entendemos a educación artística como catalizadora de disciplinas e competencias.
Amosando publicacións coa etiqueta 3º INFANTIL 2012-13 b>. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta 3º INFANTIL 2012-13 b>. Amosar todas as publicacións
martes
INSTALACIÓN SONORA
Velaí novas imaxes sobre a instalación artística sonora creada polo alumnado de Educación Infantil do colexio de Hío nos obradoiros de NaturalMENTE Arte 2012-2013.
Etiquetas:
1º INFANTIL 2012-13,
2º INFANTIL 2012-13,
3º INFANTIL 2012-13
luns
INSTALACIÓN SONORA
Por fin xa se poideron xuntar os tres paneis de arte sonora de cada curso de Educación Infantil: percusión pola parte de 3 anos, corda por catro anos e vento polos de cinco anos.
A instalación é unha estrutura con forma de triángulo equilátero que poden percorrer os alumnos/as para ir probando os instrumentos e crear concertos improvisados, dando deste xeito vida á nosa instalación artística sonora.
Etiquetas:
1º INFANTIL 2012-13,
2º INFANTIL 2012-13,
3º INFANTIL 2012-13
VISITA DE XABIER BLANCO
Para concluir o obradoiro de arte sonora tivemos o día da derradeira sesión o luxo da actuación do músico de Moaña Xabier Blanco e os seus instrumentos enxebres feitos con obxectos da labranza onde interpretou moi boas cancións da cultura popular galega.

Etiquetas:
1º INFANTIL 2012-13,
2º INFANTIL 2012-13,
3º INFANTIL 2012-13
domingo
MONTAXE DO PANEL DE VENTO
FABRICANDO VUVUZELAS
SESIÓN 1 5 ANOS 2013
Iniciamos o obradoiro con cinco anos do mesmo xeito que os outros: cun visionado inagural de PowerPoint, con visitas a Internet de vídeos e páxinas.
Finalizado éste, subimos ao taller para mostrar os fundamentos dos instrumentos de vento.
Fixemos seguidamente deseños de instrumentos de vento inventados.
Rematamos cortando canas hindúes para probar o asubio que producen e ter, deste xeito, o primeiro instrumento musical do noso obradoiro. Tivemos a visita de Suso que nos axudou a cortar as canas e que, por outra banda, proporcionou moita información de Internet para crear o perfil conceptual do inicio do taller.




Subscribirse a:
Publicacións (Atom)










































