Proxecto continuado dende 2010 de desenvolvemento de educación artística no colexio do Hío (Pontevedra).
Entendemos a educación artística como catalizadora de disciplinas e competencias.
martes
XACIAS EN INFANTIL SESIÓN 7
O alumnado de Educación Infantil estivo creando figuras relacionadas coa auga como o alumnado de Primaria. O tema foi as xacias, seres mitolóxicos galegos que habitan nos ríos galegos, metade peixe e metada humano.