Chegou o día da montaxe da exposición dos nosos traballos inspirados na Muller no Deporte para o Día da Muller. Mostramos os tres tipos de estampacións que elaboramos: planogravados, ocogravados e gravados en relevo.
Proxecto continuado dende 2010 de desenvolvemento de educación artística no colexio do Hío (Pontevedra). Entendemos a educación artística como catalizadora de disciplinas e competencias.
Amosando publicacións coa etiqueta 3º E.P 2013-14 b>. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta 3º E.P 2013-14 b>. Amosar todas as publicacións
sábado
SESION 7
Nesta sesión rematamos as pranchas para gravado en relevo, estampamos as derradeiras imaxes de ocogravado e iniciamos a obtención de copias dos nomes de deportistas en cartolina negra; debido á mala calidade destas e a que a maioría das outras matrices estaban a secar, o asesor de arte fixo os gravados no seu taller.
Ah, polo xeito de ser entroido, levamos algunhas prendas de disfraz.
SESION 6
Aínda que non rematamos os ocogravados, empezamos as matrices para o derradeiro tipo de gravado: o gravado en relevo.
Para facelo, recortamos cartón ondulado con nomes de deportistas mulleres. Para pasalos á matriz tivemos que pegar as letras do revés facilitando deste xeito a impresión do dereito no papel.
SESION 4
Calcamos con rotulador permanente imaxes de mulleres deportistas sobre acetato tamaño DIN A3 para despois rascar con burís procurando deste xeito o debuxo nesta técnica chamada ocogravado.
SESION 3
Continuamos a produción de gravados en plano de figuras humanas en movemento. Para tentar unha mellora nos exemplares, contemplamos un libro sobre á artista de Art Dèco Tamara de Lempicka.
Subscribirse a:
Publicacións (Atom)




























































