Amosando publicacións coa etiqueta 2º INFANTIL 2012-13. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta 2º INFANTIL 2012-13. Amosar todas as publicacións

martes

ENSAIO INSTRUMENTAL

    Empezamos os primeiros ensaios dos instrumentos creados para a nosa gran de instalación artística de arte sonora. Fumos probando e "afinandoos" e non sonaba nada mal.






INSTALACIÓN SONORA

    Velaí novas imaxes sobre a instalación artística sonora creada polo alumnado de Educación Infantil do colexio de Hío nos obradoiros de NaturalMENTE Arte 2012-2013.





luns

INSTALACIÓN SONORA

    Por fin xa se poideron xuntar os tres paneis de arte sonora de cada curso de Educación Infantil: percusión pola parte de 3 anos, corda por catro anos e vento polos de cinco anos.
    A instalación é unha estrutura con forma de triángulo equilátero que poden percorrer os alumnos/as para ir probando os instrumentos e crear concertos improvisados, dando deste xeito vida á nosa instalación artística sonora.




VISITA DE XABIER BLANCO

    Para concluir o obradoiro de arte sonora tivemos o día da derradeira sesión o luxo da actuación do músico de Moaña Xabier Blanco e os seus instrumentos enxebres feitos con obxectos da labranza onde interpretou moi boas cancións da cultura popular galega.



domingo

MONTAXE DO PANEL EXPOSITIVO

    A terceira sesión dedicouse a terminar os últimos detalles e insertar os instrumentos no panel correspondente ao grupo de catro anos. Para isto escollimos onde colocar e estivemos furando con agullas de plástico.
    Aproveitamos para facer recitais cantados para probar os nosos instrumentos.

 


 





 


FABRICANDO INSTRUMENTOS DE CORDA

    Na segunda sesión do noso obradoiro de arte sonora decidimos facer instrumentos de corda con caixas (que facían de caixa de resonancia), cordas de tanza, gomas elásticas, listóns (que servían de ponte para tensar as cordas), etc.
    Traballamos por parellas e necesitamos algo de axuda para tensar, pero finalmente conseguimos construir os nosos instrumentos.

 


 


 




SESIÓN 1

    Na sesión primeira visionamos o PowerPoint inagural con algunhas visitas a páxinas web e vídeos de Youtube que tiñan que ver coa arte sonora e os instrumentos de corda.