Amosando publicacións coa etiqueta INFANTIL 5 ANOS 2016. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta INFANTIL 5 ANOS 2016. Amosar todas as publicacións

luns

SESIÓN 3

    Aínda quedou tempo para facer debuxos con luz. Recortamos números con dous tipos de papeis coloreados: papel celofán e papel de seda. Unha vez feitos, colocamos todos xuntos sobre a pantalla dun proxector de imaxes opacas, comprobando a diferencia entre traslúcido e opaco; os números de papel de seda, malia que eran de cores claras, aparecían negros na pantalla de luz.



 

SESIÓN 3

    Así de xeitosos quedaron os nosos murais feitos con estampacións de números e polígonos.




 

SESIÓN 3

    Chegou o día de estampar cos nosos selos de gomaeva. Para iso usamos pintura para dedos en cores amarelo, vermello, azul e negro, aplicados deste xeito gradual sobre papel branco xigante, un por cada mesa de traballo.








 

martes

SESIÓN 2

    Velaquí os resultados dos murais con cordas molladas en témpera.




 

SESIÓN 2

    Nesta sesión fixemos dobre labor: elaboramos selos de gomaeva con formas xeométricas e números e fixemos catro murais de liñas con cordas e témperas en amarelo, bermello e azul.








xoves

SESIÓN 1 MURAIS

    Estes foron os resultados dos nosos murais. Como os fixemos ao redor do papel, non ten unha posición determinada para observalos.