Amosando publicacións coa etiqueta 5º E.P 2009-10. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta 5º E.P 2009-10. Amosar todas as publicacións

xoves

LAND ART EN CÍES

    O obradoiro tivo como final de percorrido unha visita ás illas Cíes onde fixemos unha obra artística na praia recollendo polas, pinas e máis inspirándonos na obra do artista inglés Richard Long.




FIGURAS DE ANIMAIS

    Unha vez debuxadas e recortadas este foi o resultado obtido. Parabéns polo traballo.




mércores

CREANDO FIGURAS DE ANIMAIS

    Neste vídeo tamén aparece o proceso de creación de siluetas de animais reaproveitando retais de tela impermeable de roupa de pescadores que tiñamos na Cova do Pirata.


CREANDO FIGURAS DE ANIMAIS

   Velaí outro vídeo sobre o proceso de creación de siluetas de animais mediante a reutilización de tela plástica.




luns

CREANDO FIGURAS DE ANIMAIS

    Despois dunha sesión inagural de carácter conceptual na que nos introducimos no eido artístico da Land Art, empezamos unhas actividades de debuxos de animais reutilizando plásticos de cores da Cova do Pirata.


mércores

5º E.P. 2009-2010

    O primeiro obradoiro, piloto para preparar o proxecto de NaturalMENTE Arte que se iniciaría co curso 2010-11 foi cos rapaces de 5º de Primaria do curso 2009-10 e tiña que ver coa Land Art.