Amosando publicacións coa etiqueta 1º E.P. 2012-13. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta 1º E.P. 2012-13. Amosar todas as publicacións

domingo

FOTO DE GRUPO 1º E.P. 2013

    Despois de moito mirar cantas posibilidades podíamos ter de colocar os gravados no mural, decidimos unha que nos pareceu que facía resaltar todo o conxunto.


MURAL DE GRAVADOS

    O resultado final do noso obradoiro foi a creación dun mural na parte cuberta do patio de recreo formado por tódalas estampacións dos tres tipos de gravados que desenvolvimos: planogravado, gravado en relevo e ocogravado. Fumos escollendo entre todos/as a maneira máis xeitosa posible de conformar o mural coas pezas tamaño ladrillo.

 









GRAVADO EN RELEVO 2

    A estampación dos gravados de palabras requiriu poñelas do revés para que,  ao pasalas polo tórculo, quedaran no papel do dereito.






GRAVADO EN RELEVO 1

    Aprendimos outra maneira de estampar chamada gravado en relevo, na que se aplica a tinta nos anacos da matriz que quedan en alto. O noso proceder foi recortar e pegar letras en gomaeva sobre cartón de paspartú que formaran palabras referentes á labor creativa de Roberto Vidal Bolaño, o escritor ao que se lle adica o Día das Letras Galegas no ano 2013.

 


 

OCOGRAVADO 2

    Como a técnica de ocogravado leva máis tempo de elaboración do debuxo na matriz, dedicamos a sesión catro a isto e a cinco á estampación co tórculo. Nesta escollimos cores tales coma siena, verde ou negro.









OCOGRAVADO 1

    Nas sesións catro e cinco aprendimos a estampar mediante ocogravado. A técnica consiste en facer incisións cunha punta metálica na matriz (o acetato que estivemos empregando) formando debuxos; para pasar a pintura ao papel tiñamos que procurar que o óleo penetrara ben nas liñas raiadas e limpar posteriormente a superficie.






MONOTIPIA 2

    Na terceira sesión do obradoiro continuamos os monotipos. As matrices, os debuxos orixinais fixéronse sobre acetato con pintura ó óleo e estampados coa axuda do tórculo en cartolinas brancas do tamaño dun ladrillo. 
    As imaxes resultantes foron paisaxes, flores, estrelas, etc. e abstracións.





MONOTIPIA 1

    A primeira técnica de estampación en gravado foi a monotipia que é un tipo  de gravado en plano, o planogravado, é dicir, onde se aplica a pintura sobre unha superficie plana que despois quedará estampada no papel e que se ten que repetir se queremos máis exemplares (por iso o nome de mono...).

 




SESIÓN 1

    Na primeira sesión coñecimos pola presentación en PowerPoint o eido do gravado da man de artistas de antes e de agora. Do mesmo xeito aprendimos qué era un tórculo, diferentes técnicas de gravado e máis os usos industriais que se ten.