Proxecto continuado dende 2010 de desenvolvemento de educación artística no colexio do Hío (Pontevedra).
Entendemos a educación artística como catalizadora de disciplinas e competencias.
Como a xelatina estropea en poucos días, decidimos facer un mural que mostrara as nosas elaboracións. Recordemos que fixemos os debuxos por parellas e demos cor con pezas de xelatina neutra tingida con acuarela líquida.
Visionamos imaxes da obra de Vik Muniz feita con caramelo líquido, sirope, etc. Fixemos debuxos de animais. Fabricamos xelatina con acuarela líquida para crear a capa de color.
Fabricamos xelatina usándoa como molde para facer estampacións con témpera, follas e plantillas. Para terminar unimos as pezas obtidas creando composicións irregulares.