Amosando publicacións coa etiqueta 5º E.P 2015-16. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta 5º E.P 2015-16. Amosar todas as publicacións

venres

EXPOSICIÓN 5ºE.P. 2015-16

    Chegou o día de mostrar as serigrafías feitas sobre: papel, camisetas e tellas co tema dos números en diferentes culturas.
    Os deseños estampados ten algún número en grego, romano, chinés, xaponés, hindú ou árabe polo que a exposición converteuse nun xogo no que o expectador ten que descubriren os números ocultos.

martes

SESIÓN 8

    Na derradeira sesión visionamos imaxes de instalacións artísticas para despois facer bosquexos de cómo crearen unha coas nosas tellas. Éstas, e algunhas camisetas que trouxemos, foron estampadas polo profesor de arte, a causa da limitación de tempo. Entrementres fumos facendo bosquexos para cómo colocar as tellas estampadas a modo de instalación artística.












 

SESIÓN 7

   Continuamos coa práctica de estampar sobre papel con cor azul. Xa tiñamos preparadas tellas da actividade da praia do curso pasado, para estampar sobre elas tamén. Únicamente unha parella de alumnas fixo estampación sobre elas, desta con cor vermella.



 

SESIÓN 6

    Inicamos a estampación serigráfica sobre papeis con cor oscura, para probar como quedaba e ir facendo oficio.


 

SESIÓN 5

    Conseguimos todos/as crear un deseño orixinal que servira para as nosas serigrafías sobre os números. Aplicamos o xesso acrílico nas zonas da tea polas que non debería pasar a pintura.


 

SESIÓN 4

    Nesta sesión a maioría de nós conseguimos deseños que foran válidos para pasalos á pantalla de serigrafía.
    O paso consistiu en calcar o debuxo con rotulador e enmascarar con xesso acrílico a zona da tea pola que non debía pasar a pintura.