Amosando publicacións coa etiqueta 5º E.P 2012-13. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta 5º E.P 2012-13. Amosar todas as publicacións

luns

PANEIS ÓPTICOS

    Tiveron que pasar varios meses para que se poderan instalar no patio os dous paneis conformados por debuxos do alumnado: figuras en negro de vivos bailando, figuras en vermello de mortos.
    Por diante dos paneis colocamos un filtro vermello de tal xeito que as imaxes de mortos desaparecen polo xeito de que o filtro dun color anula a éste; é unha maneira de dicir, recurrindo á arte óptica, que o mundo dos mortos é inmanente, está con nós, pero non o percibimos pola vista, está na nosa memoria, imaxinación, etc.

 




martes

DEBUXOS SOBRE BAILE

    Unha vez satisfeitos os visionados, comenzamos a elaboraren composicións debuxísticas sobre bailes de vivos (rematadas con pintura negra) e bailes de mortos (rematadas en vermello).

 



 


VÍDEOS MUSICAIS

    Para introducirmos teóricamente sobre o tema dos seguintes debuxos a facer, baile dos vivos versus baile dos mortos, relacionándoo co Samaín, visionamos vídeos en Internet tales como a curtametraxe de animación de W. Disney Skeleton Dance, de 1929, o Thriller, de Michael Jackson, Febre do Sábado á noite, e toda sorte de vídeos musicais actuais.



O MISTERIO PICASSO

    Do mesmo xeito, contemplamos parte dunha longametraxe dos anos 50 titulada O misterio Picasso, na que o artista malagueño debuxaba diante dunha cámara toda sorte de esceas do seu universo narrativo.


A LIÑA NO DEBUXO

    Para desenvolver a segunda parte do obradoiro, visualizamos imaxes de artistas do pasado e actuais sobre o uso da liña no debuxo. Descubrimos como na actualidade hai artistas que debuxan con arume ou cabelo humano.



FIGURA-FONDO

    Cada un dos alumnos/as elaborou unha lámina dividida en tres para observaren a relación cromática entre figura e fondo. A primeira imaxe tivo por figura o nome do artista; a segunda, un obxecto; e, a terceira, unha imaxe dun animal.



 



venres

COLOR

    Na segunda sesión, vimos unha presentación en powerpoint sobre o color, sobre todo as relacións cromáticas entre figura e fondo. Despois fixemos composicións nas que debuxamos os nosos nomes, unha silueta dun obxecto e outra dun animal ou persoa. Mesmo, deunos tempo de empezar a aplicaren color con témperas, establecendo relacións de luminosidade entre figura e fondo.
    Empregamos imaxes de obxectos, animais e persoas para tal fin.

 

 

 




SESION 1 OP ART


    Na primeira sesión do obradoiro de arte óptica destinado a 5º curso de Primaria vimos obras de Vasarely, Bridget Riley e Jesús Rafael Soto, entre outros. Por outra banda, descubrimos efectos visuais antigos e máis recentes como estereogramas ou aplicacións de arte óptica e efectos moiré para móbiles. Tamén analizamos os fundamentos das imaxes 3D.