Os resultados artísticos coas follas do outono (formas xeométricas e alfombra) quedaron expostos nos espazos comúns do colexio.
Proxecto continuado dende 2010 de desenvolvemento de educación artística no colexio do Hío (Pontevedra). Entendemos a educación artística como catalizadora de disciplinas e competencias.
Amosando publicacións coa etiqueta 3º INFANTIL 2010-11 b>. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta 3º INFANTIL 2010-11 b>. Amosar todas as publicacións
xoves
ALFOMBRA DE FOLLAS
Trala creación de formas xeométricas simples con follas recollidas preto do colexio, fixemos unha enorme alfombra sobre plástico.
domingo
LAND ART


Tódolos alumnos/as van elaborando as súas carpetas de Land Art onde inclúen traballos individuais relacionados co obradoiro.
Velahí un exemplo de unha alumna, Blanca, no que representa nun debuxo unha das imaxes de follas que lle resultou interesante. Ela víu na folla a forma dun gran río rodeado de vexetación.
LAND ART
O fotografado das formas xeométricas vexetais ten por finalidade a observación das estructuras das follas a unha escala maior da normal. Isto fai que o alumnado se decate da similitude entre ramificacións nas follas e venas do corpo humano, así coma irrigación dos ríos no eido natural. Por outra banda, observan a simetría axial característica nas plantas.
LAND ART

Trala saída ao bosque na procura de follas (a nosa materia prima) realízase un bombardeo de ideas e desenvólvese a realización grupal de formas xeométricas simples envasadas en plástico. Tales formas ten unha actividade posterior que consiste no fotografado e posterior visionado da estructura do vexetal.
LAND ART


Un dos principais obxectivos deste obradoiro é familiarizar ao alumnado con recursos da natureza como materiais de expresión plástica.
Entendemos a Land Art como obras feitas con materiais naturais en bruto ou como integradas en espazos naturais.
Nas primeiras sesións houbo exposicións de imaxes e audiovisuais relacionados co tema. Froito delas é o debuxo de Mateo, a partires dunha realización de Andy Goldsworthy no DVD Ríos y Mareas. Nel apréciase como o alumno entende a importancia do sol no desenvolvemento da obra.
Subscribirse a:
Publicacións (Atom)


