Amosando publicacións coa etiqueta 6º E.P 2012-13. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta 6º E.P 2012-13. Amosar todas as publicacións

martes

EDICIÓN DE VÍDEO 6º E.P.

    Como o ano pasado fixeramos un obradoiro dentro de NaturalMENTEArte sobre stop motion con windows movie maker, decidimos clausurar o taller coa aprendizaxe de edición dos vídeos filmados na exposición de ideas e nos recitais poéticos, aprendendo a facer cortes sobre as gravacións másters. Finalmente non incluimos os resultados na instalación artística xa que non aportaban.


 


FOTO DE GRUPO

    A instalación artística sobre emocións humanas quedaba, deste xeito, rematada.


ÚLTIMOS DETALLES

    Unha vez que comprobamos que todas as luces funcionaban, colocamos as caras nos tiestos para que quedaran iluminadas. A nosa instalación artística sobre emocións quedaba rematada.

 







MONTAXE DA INSTALACIÓN

    O primeiro que aprendimos foi como conectar o cable eléctrico aos casquillos, introducíndoos despois en tiestos.

 

luns

PREPARANDO A INSTALACIÓN

    Escollida a liña estética da instalación artística a desenvolver, o primeiro que tivemos que facer foi recortar fotos dos alumnos/as en papel vexetal que realizamos nunha sesión fotográfica desenvolvida en paralelo coa derradeira lectura poética.

 

 

domingo

RECITAL POÉTICO

    Despois da exposición oral dos bosquexos, fumos matizando unha idea xeral que nos sirva para a nosa instalación artística sobre as emocións. 
   Debimos decidir un tipo de recipientes onde conter imaxes das nosas caras expresando sentimentos e contemplamos a posibilidade de incluiren vídeos coa exposición de poemas diversos; éstes foron recitados en castelán e galego, incluso algún en catalán (por curiosidade). A sesión lectiva foi gravada en vídeo para a posterior edición por ordenador pola parte dos alumn@s.
    Velaí algunhas imaxes.

 

 

 

xoves

EXPOSICIÓN ORAL

    Os bosquexos tiveron que seren expostos en público coa finalidade de defenderen e de contribuiren tod@s as ideas formadas.






SESIÓN 3ª

    Nesta sesión continuamos cos bosquexos persoais de instalacións artísticas para rematalos e darlles color.




 

mércores

PREPARACIÓN BOSQUEXOS

    Os primeiros bosquexos foron realizados en DIN A3 debuxando previamente os eixos dunha representación axonométrica, coa finalidade de incorporar trazados xeométricos; a partires de estes, construimos as nosas ideas sobre como ocuparen un espacio artístico.









SESIÓN BOSQUEXOS

    Na segunda sesión de instalacións artísticas de 6º E.P. visitamos a páxina web de Christo e Jeanne Claude. O artista búlgaro Christo xa se distinguira dende as súas iniciais obras por excelentes bosquexos preparatorios, que se foron perfeccionando coa planificación das grandiosas intervencions en espazos naturais que fixeran famosa a esta parella.
    Seguidamente, observamos o concepto de debuxo preparatorio na obra de artistas do pasado.



xoves

TERATOLOGÍAS

    Na páxina web do artista madrileño Daniel Canogar consultamos unha boa cantidade de proxectos e, concretamente, consultamos os desenvolvidos durante o ano 2001 (ano de nacemento dos rapaces); chamoulles a atención o proxecto de nome Teratologías no que segue recurrindo á figura humana como tema ou ferramenta pero, desta, mostrando o interior microscópico, os virus e bacterias.
    Un dos alumnos posou como si fora un visitante da exposición, aparecendo no seu corpo as imaxes.
    Déixovos aquí o enlace desta obra.





1ª SESIÓN

    Damos inicio a unha nova etapa de NaturalMENTE Arte, para o curso 2012-13 deste colexio do Hío. Coma o ano pasado comezamos cos maiores, con 6º de Primaria. Benvid@s tod@s polo tanto a esta nova viaxe, a esta aventura pedagóxica que busca dinamizar as materias de cada curso escolar trala arte.
    Velaí un exemplo fotográfico da primeira sesión, na que nos introducímos no eido das instalacións artísticas, unha canle da arte que se ven impoñendo dende os anos 80.