Proxecto continuado dende 2010 de desenvolvemento de educación artística no colexio do Hío (Pontevedra).
Entendemos a educación artística como catalizadora de disciplinas e competencias.
Unificamos todas as infografías nun único mural. Os debuxos iniciais fixemos a man; seguidamente escaneámolos e rematamos os traballos dando cor co programa informático GIMP.
Estivemos curioseando sobre a existencia de auga no Cosmos e a conseguinte posibilidade de formas de vida fóra do noso planeta. Debuxamos personaxes extraterrestres, inspirándonos en Star Wars, e démoslles color co programa informático GIMP.