Velaquí os resultados do noso traballo.
Proxecto continuado dende 2010 de desenvolvemento de educación artística no colexio do Hío (Pontevedra). Entendemos a educación artística como catalizadora de disciplinas e competencias.
Amosando publicacións coa etiqueta INFANTIL 4 ANOS 2016 b>. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta INFANTIL 4 ANOS 2016 b>. Amosar todas as publicacións
luns
xoves
SESIÓN 3
Na terceira e derradeira sesión de NaturalMENTE Arte de 4 anos estivemos facendo estampacións sobre follas xigantes dos nosos experimentos pictóricos sobre mesas.
Tivemos dúas fases: na primeira pintamos nas mesas con pinturas para dedos empregando cores amarela, bermella, azul e negra.
Na segunda, pintamos nas mesas con pinceis e cor azul. Nestas últimas estampacións, debuxamos con cera branca nos papeis xigantes brancos para que o azul sirvira de fondo; foi algo máxico...como debuxar con tinta invisíbel e usar a pintura para que aparecera de súpeto ao aplastar o papel contra a mesa.

domingo
SESIÓN 2
E este barco leva fantasmas de ollos morados...
xuntando bermello e azul obtemos a cor secundaria violeta.
xuntando bermello e azul obtemos a cor secundaria violeta.
SESIÓN 2
Este é o primeiro vídeo sobre o xogo de equipos de Donón e Cíes para recoñecer as cores creadas ao xuntar dúas cores primarias de papel celofán alumeadas polas lanternas.
sábado
SESIÓN 2
Velaquí un vídeo do proceso de pintado sobre pantalla de proxector de imaxes opacas con acuarelas líquidas.
SESIÓN 2
A derradeira actividade foi crear dos equipos, os de Donón e os das Cíes, e pasar entre eles papel celofán de cores primarias para que, alumeando alternativamente, adiviñara o equipo que en ese intre non alumeaba, qué tipo de cargamento levaba o "barco", que eran as follas de papel celofán con cores de dúas en dúas.
Deste xeito si xuntábamos amarelo con bermello dicían que o barco levaba laranxas, etc.
SESIÓN 2
Entrementres, seguimos explorando os espazos do taller e tamén intentando facer debuxos con area na mesa de luz.
SESIÓN 2
Seguidamente, ensaiamos a debuxar con cores de acuarela líquida sobre pantalla de proxector de imaxes opacas. Todas as formas saían do revés na parede, polo espello que posúe o aparato para proxectar.
SESIÓN 2
A nosa primeira actividade tivo que ver con facer liñas verticais, horizontais e circulares coas lanternas.
Subscribirse a:
Publicacións (Atom)