Proxecto continuado dende 2010 de desenvolvemento de educación artística no colexio do Hío (Pontevedra). Entendemos a educación artística como catalizadora de disciplinas e competencias.
Amosando publicacións coa etiqueta 2º E.P 2011-12 b>. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta 2º E.P 2011-12 b>. Amosar todas as publicacións
venres
EFECTO MOIRÉ
Dentro do chamado efecto moiré en arte óptica, temos aquí un bo exemplo con desprazamento lateral.
ALEGRE - TRISTE
Velaquí outro exemplo do boísimo traballo dos alumnos/as de 2º de Primaria e da súa titora Isa.
domingo
ALEGRE-TRISTE
Os traballos que se iniciaron no obradoiro de Op Art sobre imaxes dobres en volume foron rematados na aula coa titora Isa despois de moitas sesións nas que aprenderon a medir, cortar, dobrar, pegar...
xoves
2º PRIMARIA OP ART EXPOSICIÓN
O conxunto dos exercicios plásticos desenvolvidos poido se ver na exposición que montaran os alumn@s coa titora, Isabel Núñez, e que tivo visita guiada das nais/pais.
2º PRIMARIA OP ART 3D
Si tedes unhas gafas 3D, dalgunha revista ou de ver unha longametraxe no cine, podedes facer a proba de si funcionan estas imaxes creadas polos alumn@s.
2º PRIMARIA OP ART IMAXE 3D
Tamén probamos a facer imaxes en tres dimensións. Para elo, fixemos fotos de obxectos que atopamos pola aula e o colexio e as manipulamos co programa de deseño por ordenador chamado GIMP. Facendo tres copias superpostas da imaxe (unha normal, outra en cor vermella e outra en azul) conseguimos imaxes que, ao miralas coas gafas 3D que construimos, dan a sesnsación óptica de profundidade.
2º PRIMARIA OP ART CARAS
Outra das experiencias plásticas que tivemos coa arte óptica foi facer unha sesión de fotografado de estados anímicos da cara (alegre/triste) para despois recortar as fotos en tiras en pegalas en forma de acordeón coa finalidade de, ao andar por diante da montaxe, percibiren dende a esquerda un estado anímico e dende a dereita o outro.
martes
2º PRIMARIA OP ART
Un dos efectos visuais que nos chamou máis foi o chamado efecto moiré, que consiste na sensación de movemento ao captar a retina liñas paralelas moi cercanas entre sí.
2º PRIMARIA OP ART
Os primeiros experimentos plásticos que aplicamos ao obradoiro ten que ver coa relación entre cores. A tal fin, recortamos tiras de cartolinas de cor, facendo buratos na mitade delas con perforadoras de folios e pegando entre elas; O resultado final é un mural multicolor apaisado con puntos de cores interactuando cos seus fondos circundantes.
No seguinte enlace podedes ver máis imaxes do proceso.
2º PRIMARIA OP ART
A finais de xaneiro empezamos o obradoiro de Arte Óptica dedicado ao grupo de 2º de Primaria. Neste taller aprendimos sobre a obra de artistas tales como Vasarely, Bridget Riley e Jesús Rafael Soto, e as súas investigacións plásticas sobre interaccións entre cores e formas.
luns
2º PRIMARIA OP ART
Este curso o alumnado de 2º de Primaria e a súa foi quen fixo o obradoiro correspondente a movementos artísticos do século XX: tocou a Op Art. Esta arte é unha corrente que parte dos anos 50 e que se basea na percepción do órgano visual. O noso ollo ten a súa particular maneira de percibiren formas e cores provocando falsas perspectivas, cores vibrantes e figuras imposíbels.
Os nosos alumnos/as investigaron diferentes formas de crear efectos ópticos
Subscribirse a:
Publicacións (Atom)



















