Despois dunha sesión de fotografado dos alumn@s diante de fondo branco, na que aprendimos fundamentos da pose e da fotografía de estudo, realizamos infografías manipulando ditas imaxes.
Proxecto continuado dende 2010 de desenvolvemento de educación artística no colexio do Hío (Pontevedra). Entendemos a educación artística como catalizadora de disciplinas e competencias.
Amosando publicacións coa etiqueta 3º E.P. 2011-12 b>. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta 3º E.P. 2011-12 b>. Amosar todas as publicacións
martes
IMAXES POR ORDENADOR
A outra parte do obradoiro de fotografía co alumnado de 3º de Primaria dedicábase á edición fotográfica por ordenador. Empregamos a tal fin un programa gratuito de Internet chamado GIMP. Na primeira sesión elaboramos imaxes a partires de fondos brancos para probar as posibilidades das ferramentas.
LABORATORIO FOTOGRÁFICO
Finalmente, conseguimos negativos cos que poder aprender a traballar cos líquidos de revelado no laboratorio fotográfico do colexio.
Por outra banda, obtimos imaxes positivas a partires dos negativos.
Por outra banda, obtimos imaxes positivas a partires dos negativos.
SEGUNDA SESIÓN ESTENOPEICAS
Ante a pouca calidade dos negativos obtidos coas caixas estenopeicas, o asesor de arte fixo probas de tempo con cada cámara propoñendo unha nova sesión fotográfica; nesta, as imaxes obtivéronse unha a unha, por parellas e controlando dun xeito máis riguroso o tempo de exposición.
luns
FOTOGRAFÍA CON CAIXAS ESTENOPEICAS
A primeira sesión de fotografado coas cámaras de fotos estenopeicas feitas a partires de caixas de galletas, construídas o ano pasado, foi un fracaso: casi todas as fotografías quedaron mal por sub ou sobreexposición excesivas.
Recordemos que unha cámara estenopeica é aquela que consiste nunha caixa hermética á luz que ten un pequeno burato (estenopo) polo que entra a luz creando unha imaxe negativa do que ten por diante si introducimos papel fotográfico dentro e abrimos o estenopo durante certo período de tempo.
FOTOGRAFÍA
Este curso abordamos por segundo ano a fotografía como linguaxe visual. Dividimos os talleres igualmente en fotografía química, de laboratorio, e fotografía dixital. Empezamos, coma en todos os obradoiros, cunha presentación de contidos, aproveitando Internet como ferramenta didáctica.
Subscribirse a:
Publicacións (Atom)






















