Amosando publicacións coa etiqueta 4º E.P 2012-13. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta 4º E.P 2012-13. Amosar todas as publicacións

luns

ENTROIDO DO HÍO 2013

    Velaquí os nosos artistas en plena chirigota.




ENTROIDO DO HÍO 2013


 


ENTROIDO DO HÍO 2013

    Agora chegou o momento de demostraren o uso e a aceptación do noso traballo. Viva o entroido!




CARTEIS DO ENTROIDO 2013

    Velaí os excelentes traballos dos alumnos/as.








CREACIÓN DE CARTEIS 2

    Nunha segunda sesión aplicamos as cores sobre as letras e figuras debuxadas. O traballo dos rapaces foi realmente eficaz e rápido. Parabéns.


 




 





CREACIÓN DE CARTEIS

    Decidimos elaborar os carteis de Primaria para o entroido. Neles distribuimos o espazo para colocar textos e imaxes de persoas bailando sacadas de cuadros sobre o entroido popular de artistas como Goya, Solana ou Castelao.

 


 




FABRICACIÓN DE ACRÍLICOS

    A pintura compónse de aglutinante e pigmento. Neste caso empregamos pigmentos terra (branco de titanio, ocre amarelo, siena tostada e negro) máis cola branca para obter pintura acrílica que gardamos en envases de plástico para empregarlos nos nosos carteis.
    Convén utilizar guantes e mascarillas para non inhalar o po.






domingo

SESIÓN 1 FABRICANDO MATERIAIS ARTÍSTICOS

    Neste curso iniciamos un dos obradoiros nos que nos metemos de cheo a mancharmos a diferencia de cursos anteriores nos que se traballaran máis as novas tecnoloxías da linguaxe plástica e os conceptos a aprenderen.
    No obradoiro de 4º curso de Primaria coñecemos os fundamentos da fabricación de materiais artísticos e máis a obra en pintura acrílica dun artista da arte pop chamado David Hockney, do que visitamos a páxina web, coa intención de familiarizarmos con este tipo de material que será o que fabriquemos.
   No taller teremos a responsabilidade de crearen os  seis carteis de Primaria para o entroido, cos materiais acrílicos elaborados por nós e a partires dunha estética enxebre desta tradicional celebración. Tomando como punto de partida un documental sobre Goya, inspirámonos en imaxes de entroido popular  de artistas como Goya, Solana e Castelao.