Amosando publicacións coa etiqueta INFANTIL 3 ANOS 2016. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta INFANTIL 3 ANOS 2016. Amosar todas as publicacións

mércores

SESIÓN 3

    Chegou a derradeira sesión do obradoiro multidisciplinar de NaturalMENTE Arte deste ano. Desta, motivámonos cara á plástica cun mural de puntos feitos con tapóns de corcho, coa mesa de luz e con proxecións na parede de debuxos con rotulador e papel celofán.
    Agora queda empezar a elaborar o tren da arte para xuntar os nosos traballos cos outros cursos de Infantil.







 

venres

SESIÓN 2

    Nesta segunda experiencia artística, estivemos amasando fariña e mesturándoa con colorante alimenticio para practicar a nosa psicomotricidade e intentar facer figuras de cores.
    Por outra banda, fixemos debuxos de area ao finalizar a sesión.













 

martes

SESIÓN 1 MURAL

    Velaquí o dobre mural de colaxe e rotuladores.

SESIÓN 1

    Hoxe iniciamos a primeira sesión das dúas semanas de naturalmente arte en Infantil no colexio do Hío cos alumnos de 3 anos.
    Empezamos practicando formas con arxila para crearen formas en equipos: unha por mesa.
    De seguido, iniciamos dúas colaxes xigantes, recortando papeis de cores coas mans e rematadas con rotulador.
    Entrementres, probamos a facer debuxos con area na mesa de luz.
    Durante toda a sesión estiveron facendo fotos do seu propio proceso de traballo.