Amosando publicacións coa etiqueta LAND ART PRAIA 2013-14. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta LAND ART PRAIA 2013-14. Amosar todas as publicacións

luns

LAND ART 2014

    Este ano a realización da obra de arte e natureza tivo repercusión na prensa. Preme na imaxe para ir á noticia.





ARTE CINÉTICA

    As obras creadas polo alumnado conseguen o movemento grazas ao vento.



ARTE CINÉTICA

    Uns dos propósitos últimos da nosa obra era que tivera movemento provocado polo vento... e conseguímolo!!


SESIÓN PRAIA

    Despois de colocar os mastros, curso por curso, conseguimos terminar a nosa obra artística de douscentos metros de lonxitude.

 

 

 

 

 

 


 

 



SESIÓN PRAIA

    Por fin chegou o día de ir á praia de Nerga a elaborar a nosa obra de arte colectiva de todo o colexio. Creamos unha liña de mastros de cana sobre os que colocamos as nosas pantallas de papel de seda sobre estrutura de vimbio. A obra medía uns douscentos metros, abarcando dende a entrada da praia ata a rocha central.
    Como anidaran moi preto da zona de traballo prevista por nós unhas aves chamadas píllaras das dunas, o proceso alongouse durante toda a mañá.

 

 

 

 


    

SESIÓNS PROCEDIMENTAIS

    Unha vez vistos os vídeos, empezamos a elaborar pantallas de papeis de seda de diferentes cores, pegadas posteriormente sobre estruturas de vimbio que previamente metimos en auga para que colleran a forma desexada.

 

 







 

SESIÓNS VÍDEOS

    Para introducirmos no concepto de arte cinética, cada curso, ao longo do curso, vimos vídeos de youtube sobre artistas tales como Alexander Calder e outros actuais. En todos saían obras con elementos en movemento sen necesidade de enerxía eléctrica.

 

 

 

 

domingo

SESIÓN VÍDEOS

    Nas presentacións de vídeos de todos os cursos para arte na praia 2014 aparece un artista norteamericano chamado Whitaker que fai obras de arte cinética no deserto con pezas de metal.





mércores

SESIÓN 1

    Todos os cursos do colexio participan no obradoiro de Land Art 2014: os/as de Primaria como taller engadido ao seu propio, e os/as de Infantil como taller específico. 
    Crearemos unha obra de arte conxunta entre todos e todas, que este ano ten que ver coa arte cinética.