Amosando publicacións coa etiqueta INFANTIL 3 ANOS 2015. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta INFANTIL 3 ANOS 2015. Amosar todas as publicacións

mércores

SERPE DA ARTE

    Chegou o día da creación da serpe da arte. Para isto xuntámonos todos os alumnos/as de Infantil e fumos recortando e pegando fotografías dos obradoiros que fixéramos no primeiro trimestre sobre pezas de cartón gris de 13x26 cm.
    Para unilas empregaron os de cinco anos tachuelas de latón, mentres os de tres e catro anos daban color á cabeza e a cola con dots adeshivos de cores.
    Remataron os ollos con esferas de pórex e a cola cun axóuxere.
    Qué ben o pasamos!

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 
 

venres

FIGURAS CON ARXILA

    Algúns dos resultados do noso primeiro contacto co barro foron os que seguen, incluíndo paus de modelar e cunchas.

 

 

 

SESIÓN 3

    Na terceira actividade de NaturalMENTE Arte tomamos contacto coa arxila e creamos formas dun xeito individual e máis en equipos de catro.

 

 

 

 

 
  

martes

DEBUXOS CON AREA

    Estes son algúns dos debuxos feitos coa area.





SESIÓN 2

    Como foi a segunda vez que fumos ao taller de NaturalMENTE Arte a experimentar con area, sentímonos máis seguros/as e capaces. Foi unha maneira diferente de tomaren contacto co debuxo.





SESIÓN 2

    Na segunda sesión, a profesora Marisa e o profesor Jacobo trouxeron unha area moi fina de praias cercanas coa que experimentaron os cativos/as dun xeito máis agradable.