Amosando publicacións coa etiqueta LAND ART 2011-12. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta LAND ART 2011-12. Amosar todas as publicacións

xoves

GRITO DE MUNCH

    Os rapaces de 6º E.P. decidiron facer unha versión do famoso cuadro de E. Munch, da que aquí temos unha mostra en vídeo do proceso.

  

SAND ART

    Velaí un vídeo sobre o traballo sobre baleirado e engadido do grupo de 5º E.P. na praia de Nerga.



mércores

LAND ART 2011-12

    O vento non deixou traballar finalmente e tivemos que marchar, aínda que algúns, preparados para as maiores inclemencias, non dubidaban en quedaren.

LAND ART 2011-12

   Os resultados foron moi bos: notábase que tiñan moita preparación previa.






LAND ART 2011-12


    Como o ano pasado fixemos todo o colexio unha excursión á praia de Nerga coa intención de facer a derradeira sesión de NaturalMENTE Arte 2011-12. A experiencia, como sabedes, consiste nunha intervención artística na praia pola parte de todo o colexio. 
    Este ano a acción artística consistíu na elaboración por cursos de formas que tiveran que ver co engadido e baleirado de area, empregando o corpo como tema ou ferramenta de uso artístico.
    O clima foi máis agradecido que o do ano pasado e poidemos dar por rematadas  as obras.
    Velaí algúns procesos: