venres

TÉCNICAS SURREALISTAS

    Elaboramos composicións individuais a partires de técnicas pictóricas do surrealismo, tales coma o grattage (raspado) e soufflage (soprado).
    Para tal fin aplicamos cores con ceras brandas, recubrindo despois con témpera negra e raspando con buriles, no referente ao grattage.
    No concernente ao soufflage, recubrimos papeis con cola branca para que a acuarela líquida e a tinta chinesa que sopramos esvararan mellor, creando percorridos de gotas.
    Finalmente, recortamos formas neste últimos papeis, que pegamos nos primeiros.