Proxecto continuado dende 2010 de desenvolvemento de educación artística no colexio do Hío (Pontevedra).
Entendemos a educación artística como catalizadora de disciplinas e competencias.
martes
MITOS DA AUGA
Coñecimos contos relacionados coa auga a partir da web do museo chileno de cultura precolombina. Mediante a técnica do colaxe creamos composicións por parellas ilustrando algunhas destas historias. Fotografamos diferentes posicións dos personaxes para elaborar animacións con Windows Movie Maker.