venres

CREACIÓN DE SILUETAS PRIMARIA

    Na segunda volta de NaturalMENTE Arte traballamos o debuxo como representación, despois de facelo na primeira como expresión.
    Para tal fin elaboramos debuxos a partir de formas simples. A maioría deles foron de animais. As siluetas foron simplificándose na medida que se traballaba con cursos de menor idade.
    Os resultados pegáronse sobre papeis xigantes para crear un libro de siluetas de todo o colexio.