sábado

LAND ART HÍO

       Este curso fumos todo o colexio á praia de Vilariño para facer a obra de arte na natureza de cada curso. Como o tema foron as matemáticas, elaboramos composicións modulares baseadas na xeometría musulmana. A forma escollida foi a chamada paxariña nazarí, procedente da arte de Granada.
    Os módulos eran de cartolina grosa de cores, cunha distancia entre vértices de dezaséis centímetros. Fixéronse nas semanas anteriores a partires de patróns. Realizáronse en total oitocentas pezas, máis de catro por alumno/a. 
    En canto á agrupamentos, e buscando sempre romper coas aprendizaxes limitadas á aula, as primeiras composicións fixeron por parellas de apadrinamento lector. Cada certo tempo os equipos fóronse xuntando coas parellas que estaban á súa esquerda ata que, ao final da mañá, rematamos en tres agrupamentos xigantes.
    O vento decidíu tamén participar, obrigando a suxeitar os módulos con paus.