O traballo de taller inicíamolo cunha labor de reintegración cromática consistente no recheo de zonas en branco de fotografías. Tales zonas chámanse en restauración lagoas ou faltas.
As imaxes que tratamos ten por tema momentos senlleiros da Historia, que se traballa en paralelo na aula.
Utilizamos a técnica de puntillismo para devolver a imaxe a súa cualidade primaria, para isto empregamos rotuladores finos empezando por puntear con cores claras e concluíndo con escuras, si procede, creando deste xeito unha vibración de cor que restitúa a luminosidade da zona.





