xoves

ORLA ARTÍSTICA

    Este ano decidímonos a converter a orla do derradeiro curso do colexio nunha experiencia artística.




ESCANIMACIÓN

    Creamos imaxes buscando o efecto de movemento mediante o principio de escanimación e moiré no que están baseadas as tarxetas colin ord.
    O traballo consistiu en elaborar temas de liñas con rotulador en follas de acetato e debuxos de figuras superpostas tramadas en folios.





ESCANIMACIÓN

    Fabricamos tarxetas de escanimación, tamén chamado efecto colin ord, baseada en parte no efecto moiré.
    Para iso fixemos tramas de liñas en acetatos e debuxos de liñas sobre cartolinas.
    Para decorar, deseñamos pequenas carpetas onde gardar as láminas.

 

 

domingo

LIBROS SENSORIAIS

    Elaboramos follas de libros con distintas texturas: cartolina, goma eva, papel texturado, papel de lixa, papel celofán.

 

 

 

MAQUETAS

    Creamos unha morea de formas con volume que agrupamos como maquetas.


 

 

MAQUETAS

    Animámonos coma outros grupos a facer un obradoiro de construcción de maquetas con cartolinas de cores.
    Partimos de figuras simples que fumos personalizando.

 

 

 

sábado

BONECOS TENTETIESOS

     Creamos bonecos "tentetiesos" con arxila, papel encolado e témpera.


 

 


ARTE ÓPTICA

    A arte óptica desenvolveuse a partir dos anos 50. Busca sensacións no ollo producidas por efectos entre cores e formas.
    Fixemos trípticos de cores complementarias e pequenas escenas en branco con efecto 3D recortando figuras.

 

 

 

FENAKISTISCOPIOS

    Este outro enxeño, de mediados de século, era un disco con rañuras 
e debuxos cerca delas. Había que mirar o movemento das imaxes 
reflectidas nun espello.


ZOOTROPOS

    Este outro invento consiste nun cilindro xiratorio con tiras de debuxos 
no seu interior e rañuras polas que mirar o efecto de animación.