Neste obradoiro de NaturalMENTE Arte creamos composicións de acetatos de cores, sobre bastidor de madeira.
NATURALMENTE ARTE
Proxecto continuado dende 2010 de desenvolvemento de educación artística no colexio do Hío (Pontevedra). Entendemos a educación artística como catalizadora de disciplinas e competencias.
venres
FIGURAS PLANAS CON MOITO VOLUME
Velaquí alguns dos traballos elaborados polo alumnado de 5º. Son pezas para xogar, desarmando as figuras e volvendo a reconstruílas, moitas veces de outra maneira distinta á cómo foi ideada.
DO PLANO AO VOLUME
DESEÑOS DE XOGOS FEITOS POR 6º PRIMARIA
Despois de facer varias probas conseguimos crear algúns deseños que se imprimirán sobre tea vinílica a grande tamaño para podelos usar en calquera espazo do colexio.
DESEÑOS DE XOGOS 6º PRIMARIA
Iniciamos o proyecto de NaturalMENTE Arte 2020-21 do colexio do Hío co curso de 6º de Primaria cun obradoiro de cinco sesións destinado a deseñar xogos.
Utilizamos o programa de software libre GIMP para crear formas, cores, letras e números que configuren os deseños inventados polo alumnado a partir de outras ideas e logos coñecidos consultados en Internet.