Proxecto continuado dende 2010 de desenvolvemento de educación artística no colexio do Hío (Pontevedra).
Entendemos a educación artística como catalizadora de disciplinas e competencias.
sábado
LAND ART 2019
Estivemos no pinar de Liméns vinculando árbores con tecidos de fío de farrapo de cores. Decoramos con moitos materiais que levamos e atopamos, imaxinando mil aventuras e historias a contar.