Proxecto continuado dende 2010 de desenvolvemento de educación artística no colexio do Hío (Pontevedra).
Entendemos a educación artística como catalizadora de disciplinas e competencias.
martes
MONTAXE DO TREN DA ARTE
Cando xa tivemos feitos os vagóns do tren da arte coas fotografías escollidas dos obradoiros de NaturalMENTE Arte de Infantil, iniciamos a súa montaxe na entrada aos patios.