luns

SESIÓN 3

    Aínda quedou tempo para facer debuxos con luz. Recortamos números con dous tipos de papeis coloreados: papel celofán e papel de seda. Unha vez feitos, colocamos todos xuntos sobre a pantalla dun proxector de imaxes opacas, comprobando a diferencia entre traslúcido e opaco; os números de papel de seda, malia que eran de cores claras, aparecían negros na pantalla de luz.