Proxecto continuado dende 2010 de desenvolvemento de educación artística no colexio do Hío (Pontevedra).
Entendemos a educación artística como catalizadora de disciplinas e competencias.
martes
SESIÓN 2
Nesta sesión fixemos dobre labor: elaboramos selos de gomaeva con formas xeométricas e números e fixemos catro murais de liñas con cordas e témperas en amarelo, bermello e azul.