mércores

SESIÓN 1

    Iniciamos as sesións de NaturalMENTE Arte cos cativos de catro anos coa fabricación de pinturas ao temple, con ovos. Para isto estivemos en tres equipos (amarelo, bermello e azul) cun ovo por persoa.
    Unha vez mesturados os pigmentos e os ovos, empezamos a pintar sobre dous papeis contínuos de cor negra, para que destacaran máis as cores.
    De cando en vez facíamos fotos do noso traballo.
    Ao final, fixemos unha xuntanza de reflexión.