martes

SESIÓN 1

    Hoxe iniciamos a primeira sesión das dúas semanas de naturalmente arte en Infantil no colexio do Hío cos alumnos de 3 anos.
    Empezamos practicando formas con arxila para crearen formas en equipos: unha por mesa.
    De seguido, iniciamos dúas colaxes xigantes, recortando papeis de cores coas mans e rematadas con rotulador.
    Entrementres, probamos a facer debuxos con area na mesa de luz.
    Durante toda a sesión estiveron facendo fotos do seu propio proceso de traballo.