Proxecto continuado dende 2010 de desenvolvemento de educación artística no colexio do Hío (Pontevedra).
Entendemos a educación artística como catalizadora de disciplinas e competencias.
martes
SESIÓN 4
Nesta sesión a maioría de nós conseguimos deseños que foran válidos para pasalos á pantalla de serigrafía.
O paso consistiu en calcar o debuxo con rotulador e enmascarar con xesso acrílico a zona da tea pola que non debía pasar a pintura.