Proxecto continuado dende 2010 de desenvolvemento de educación artística no colexio do Hío (Pontevedra).
Entendemos a educación artística como catalizadora de disciplinas e competencias.
venres
SESIÓN 3
A maioría de nós empezamos xa a idear as pezas dos instrumentos debuxados na sesión anterior, coa finalidade de unilas e crear, deste xeito, instrumentos musicais inventados con volume.
O material empregado foi papel e pegamento de barra.