Chegou o día de expoñer os nosos traballos. Para isto escollimos a zona de primeiro ciclo de Primaria e, mentres o profesor de arte decoraba a parede, nós comezamos a recortar as palabras de presentación; colocámolas xunto aos exercicios de reintegración cromática sobre imaxes en papel continuo negro, deixando as froitas restauradas sobre unha mesa cuberta de tea negra.