Iniciamos o segundo obradoiro sobre arte matérica. Neste curso centrámonos na creación de imaxes figurativas a partires da incorporación planificada de obxectos sobre a superficie pictórica.
Para dirixir os contidos conceptuais estudamos a obra de artistas actuais tales como Julian Schnabel, e os seus retratos dos 80 sobre base de pratos rotos, e Vik Munik, e as súas apropiacións artísticas con obxectos de refugallo.
Para todo isto visionamos unha presentación en Power Point e visitamos as páxinas web destes artistas.

