Proxecto continuado dende 2010 de desenvolvemento de educación artística no colexio do Hío (Pontevedra).
Entendemos a educación artística como catalizadora de disciplinas e competencias.
martes
SESION 2
Na primeira sesión procedimental fabricamos pasteis para debuxar con pigmentos amarelo, vermello e azul mesturados con goma de tragacanto. Dimos forma ás barras de cor con xeringas cortadas.