luns

PANEIS ÓPTICOS

    Tiveron que pasar varios meses para que se poderan instalar no patio os dous paneis conformados por debuxos do alumnado: figuras en negro de vivos bailando, figuras en vermello de mortos.
    Por diante dos paneis colocamos un filtro vermello de tal xeito que as imaxes de mortos desaparecen polo xeito de que o filtro dun color anula a éste; é unha maneira de dicir, recurrindo á arte óptica, que o mundo dos mortos é inmanente, está con nós, pero non o percibimos pola vista, está na nosa memoria, imaxinación, etc.