domingo

SESIÓN 1 5 ANOS 2013

    Iniciamos o obradoiro con cinco anos do mesmo xeito que os outros: cun visionado inagural de PowerPoint, con visitas a Internet de vídeos e páxinas.
    Finalizado éste, subimos ao taller para mostrar os fundamentos dos instrumentos de vento. 
    Fixemos seguidamente deseños de instrumentos de vento inventados.
    Rematamos cortando canas hindúes para probar o asubio que producen e ter, deste xeito, o primeiro instrumento musical do noso obradoiro. Tivemos a visita de Suso que nos axudou a cortar as canas e que, por outra banda, proporcionou moita información de Internet para crear o perfil conceptual do inicio do taller.