luns

INSTALACIÓN SONORA

    Por fin xa se poideron xuntar os tres paneis de arte sonora de cada curso de Educación Infantil: percusión pola parte de 3 anos, corda por catro anos e vento polos de cinco anos.
    A instalación é unha estrutura con forma de triángulo equilátero que poden percorrer os alumnos/as para ir probando os instrumentos e crear concertos improvisados, dando deste xeito vida á nosa instalación artística sonora.