xoves

SESIÓN 4

    Á volta das vacacións de Semana Santa, continuamos co noso traballo de creación do libro xigante. Como o obradoiro vai de arte matérica, hoxe empezamos a aplicar texturas en partes dos debuxos elaborados con témpera de cores na que engadimos areas ou terras (tipo carbonato cálcico), como espesante, e máis cola branca, como aglutinante. Aplicamos con espátulas e conseguimos grandes logros.