domingo

SESIÓN 1 FABRICANDO MATERIAIS ARTÍSTICOS

    Neste curso iniciamos un dos obradoiros nos que nos metemos de cheo a mancharmos a diferencia de cursos anteriores nos que se traballaran máis as novas tecnoloxías da linguaxe plástica e os conceptos a aprenderen.
    No obradoiro de 4º curso de Primaria coñecemos os fundamentos da fabricación de materiais artísticos e máis a obra en pintura acrílica dun artista da arte pop chamado David Hockney, do que visitamos a páxina web, coa intención de familiarizarmos con este tipo de material que será o que fabriquemos.
   No taller teremos a responsabilidade de crearen os  seis carteis de Primaria para o entroido, cos materiais acrílicos elaborados por nós e a partires dunha estética enxebre desta tradicional celebración. Tomando como punto de partida un documental sobre Goya, inspirámonos en imaxes de entroido popular  de artistas como Goya, Solana e Castelao.