Proxecto continuado dende 2010 de desenvolvemento de educación artística no colexio do Hío (Pontevedra).
Entendemos a educación artística como catalizadora de disciplinas e competencias.
venres
BAIXORRELEVOS DE NOMES DE MULLERES
Na segunda sesión do obradoiro iniciamos a creación de baixorrelevos en arxila onde representar os nomes de mulleres do noso contorno; moitos deles son de avoas. Tomamos a palma da man como medida dos lados da base de arxila.